Grupo de apoio continuado: Arte para os coidados grupais

30.00 Ive computado

Se eres traballadora/o social colexiada/o e participas nalgún grupo de traballo ou comisión podes acceder de forma gratuita. Para iso ponte en contacto connosco no email: grupodetraballo@traballosocial.gal

 

 

5 dispoñibles

ARTE PARA OS COIDADOS GRUPAIS (GRUPO DE APOIO CONTINUADO)

Gustaríache aumentar as túas ferramentas persoais xogando e creando?
Apetéceche compartir un espazo de aprendizaxe con enfoque artístico para mellorar os coidados grupais no teu emprego ou vida persoal?
Desexas ter un espazo de acompañamento e coidados para tí?

"Arte para os coidados grupais" é un espazo participativo e vivencial de apoio mutuo, acompañamento profesional e aprendizaxe persoal. Descobre ferramentas de xestión grupal, emocional e de conflitos a través do xogo e da arte para aumentar o teu benestar integral e dos teus grupos de pertenza.

Goza do proceso a través da metodoloxía socioafectiva, empregando diferentes formas de expresión artística coma o teatro, o movemento, a pintura ou xogo. Estas canles creativas axudarán a promover un espazo máis seguro, divertido e inclusivo onde tecer conxuntamente mellorando os nosos coidados persoais e grupais e fortalecendo a boa praxis profesional.

Adéntrate na viaxe creativa do grupo de apoio continuado “Arte para os coidados grupais”.
Comezamos o 11 de novembro. Non perdas a túa praza e inscríbete xa!